Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos,
continuando co contemplado no plano de
actividades aprobado na última
Asemblea Xeral para este ano 2021,
organiza, en colaboración coa Academia
Galega do Audiovisual, a Área de
Cultura-Vicepresidencia da Deputación
de Lugo e o Concello de Vilalba, un ciclo
de cine gelego consistente na proxección
das películas finalistas dos Premios
Mestre Mateo’2021 e que se levará a
cabo no Auditorio Municipal de Vilalba
segundo a programación que se cita a
continuación:
SÁBADO 1 DE MAIO DE 2021, 19:30 H
PROXECCIÓN DA PELÍCULA “ONS” DE
ALFONSO ZARAUZA SÁBADO 15 DE MAIO DE 2021, 19:30 H PROXECCIÓN DA PELÍCULA “A ILLA DAS MENTIRAS” DE PAULA CONS
SÁBADO 22 DE MAIO DE 2021, 19:30 H
PROXECCIÓN DA PELÍCULA “ARIMA” DE JAIONE CAMBORDA SÁBADO 29 DE MAIO DE 2021, 19:30 H PROXECCIÓN DA PELÍCULA “LÚA VERMELLA” DE LOIS PATIÑO A ENTRADA SERÁ DE BALDE PARA TODAS AS PROXECCIÓNS, PERO POR MOTIVOS DE CONTROL DE AFOROS E OUTRAS MEDIDAS SANITARIAS, HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
0 comentários :
Danos a túa opinión