Iniciativa Xabarín

Redacción. - Logo de superar as 15.000 sinaturas, a Mesa pola Normalización Lingüítica presentará este 7 de abril ante o parlamento a "Proposición non de Lei de Iniciativa Popular para unha canle Xabarín Club na TVG e máis e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego". A proposta quere que o Parlamento inste á Xunta a que "a Corporación de Radio de Televisión de Galiza aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas" a través dunha canle temática "Xabarín" "así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega".

A iniciativa, ademais reclámalle ao Parlamento que se lle solicite ao Goberno Español que a TVE "emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App" e a que o goberno galego chegue a "acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como a impulsar as accións necesarias para a recepción mutua RTP - TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias".

6 de abr. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión