Espectáculo teatral emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.
A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral definen esta peza de gran atractivo visual, combinando cunha elaborada iluminación que debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Espectáculo en que cada momento e situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.
Os billetes para presenciar esta representación teñen un prezo de 5 euros, e é imprescindíbel reservar previamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.
0 comentários :
Danos a túa opinión