Presentación do Dúo Vaguedades

Redacción. -

Entre 1857 e 1867 Rosalía de Castro e Eduardo Pondal forman o Dúo Vaguedades, considerada a primeira banda de techno da historia! Isabel Risco e Fran Rei están detrás deste divertido dúo literario que vén de lanzar os seus primeiros "hits" en forma de vídeo: Tempos Compostos, O Rexurdimento, Cultura nas Verbenas ou Falar por falar.

Mañá xoves ás 19:30h na Biblioteca Ánxel Casal farase a presentación oficial deste proxecto impulsadoo por Culturactiva S. Coop. Galega co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto estarán Isabel Risco, Fran Rei e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. 

29 de abr. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión