O galego vive na Rede

Redacción. -

O galego atopou na Rede un espazo onde medrar e establecerse. As novas plataformas e redes sociais non son alleas á nosa lingua, que viviu unha expansión constante nos últimos dos anos ao contar con ducias de creadores de contido en YouTube, Tik-Tok, Twitch ou Twitter. A mensaxe é clara: o galego é unha lingua con autonomía, cun público de seu e unha comunidade que pide e quere máis.

Como usamos o galego nas Redes? Que novos retos ten por diante nas novas plataformas? Que barreiras atopa? Que liberdades encontrou? Nesta xornada virtual configurada como unha mesa redonda de cinco voces tratarase de afondar nestas e outras cuestións a través dalgúns creadores ou partícipes desa comunidade galega que habita en Internet, sexa a través das novas tendencias audiovisuais, da divulgación da lingua ou da asociación e a procura de crear unha comunidade autosuficiente.


Martes, 25 de maio ás 19:00 horas no Facebook: https://fb.me/e/1laYOhA9s
Presentación

MESA REDONDA
Modera:
Carlos Pereiro, xornalista e director da revista Morcego, amais de membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello de Cultura Galega.

- Esther Estévez
Xornalista na CRTVG. Está a lograr unha notoriedade pública grazas ao seu traballo divulgativo no Dígocho Eu, amais do seu labor e orixinalidade no uso do Tik-Tok.

- Agos Reigosa
Coñecido como un dos veteranos das redes galegas, é agora un dos responsables detrás de Twitch en Galego, plataforma que busca a agrupación e asociación dos creadores de contido do país neste servizo.

- María Sabarís
Xornalista na diáspora, acaba de estrear Fóra de mapa, un podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

- Jon Amil
Unha das caras máis visibles do chamado Galituiter e xestor da conta Emgalego, un dos últimos fenómenos (e dos máis efectivos) para a expansión e divulgación do reintegracionismo e a resolución de dúbidas sobre a lingua galega.

7 de maio de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión