Redacción.-
O vindeiro venres, 18 de xuño, ás 20 horas, no Centro Sociocultural de Rábade, estará de visita Isabel Risco, para protagonizar Bravas, un espectáculo no que ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Trátase dunha produción teatral cómica, sobre mulleres sen medo. Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. Fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Un viaxe no tempo con paradas en diversas estacións. Esta actuación englóbase no programa do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.
0 comentários :
Danos a túa opinión