'Negro Púrpura' o venres 5 no Auditorio

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e a Vicepesidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan para o venres 5 de novembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película-documental NEGRO PÚRPURA, producida por ILLA BUFARDA e dirixida por SABELA IGLESIAS e ADRIANA P. VILLANUEVA.

O acto dará comezo ás 20:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.

NEGRO PÚRPURA
Dirección: SABELA IGLESIAS e ADRIANA P. VILLANUEVA
Sinopse:
Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo... este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

Ficha técnico artística 

Traballo de campo, guión e dirección: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Produción: Illa Bufarda Dirección na rodaxe: Sabela Iglesias Dirección de fotografía: Pilar Abades.

Operadora de cámara 1: Pilar Abades
Operadora de cámara 2: Sabela Iglesias
Son directo: Adriana P. Villanueva
Montaxe: Sabela Iglesias
Asistentes de montaxe: Pilar Abades e Adriana P.
Villanueva
Postprodución de son: Marco Maril
Etalonaxe e efectos especiais: Adriana P. Villanueva
Composición musical: Paulo Pascual
Deseño gráfico: Pilar Abades
Deseño web: Brétema Comunicación

Subtítulos ao español e galego: A Sorregueira Cultura e Tradução

Tradución dos subtítulos ao inglés e revisión: Raquel Senra Fernández e Matthew Craig Newton

Tradución texto en alemán: Trágora Translation & Voice Over

Voces en off: Dolores Castro Viaño, Toni Salgado,

Xosé Barato, Bernardo Casado, Paco Barreiro, Txema Regalado, Matthias Rehrl e Oliver Besthorn

Gravación voces: Estudio A Ponte e Trágora Voice Over



Montaxe do tráiler: Pilar Abades
Prensa crowdfunding: Alberto Ramos
Asistencia xurídica: Nolegaltech
Distribución: Begin Again Films

Distribución e vendas: Sonia Abbas, Belén Bernuy e Gloria Bretones

Comunicación e prensa: Vega Guerra, Sandra Carnota e Alba Sánchez

Marketing e publicidade: ArteGB Comunicación

Duración: 82 minutos

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE ADQUIRILA ON-LINE NA WEB DO CONCELLO DE VILALBA.
TAMÉN O MESMO DÍA NO AUDITORIO MUNICIPAL, SEMPRE QUE NON SE ESGOTEN ANTES.

CINE GALEGO – NEGRO PÚRPURA, DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA – VENRES 5 DE NOVEMBRO DE 2021-20:00 HORAS – AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA


30 de out. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión