Catro amigos son os protagonistas de Xogo Revolto, cada un deles único, cunhas experiencias vividas e maneiras de entender a vida propias. Xogan e aprenden xuntos aínda que ás veces non saiban comunicarse ou comportarse como “deberan”... Unha proposta de monicreques de fío en que as crianzas se van sentir directamente identificadas desde o primeiro momento xa que o guión está baseado en situacións da súa vida cotiá.
Trécola Producións é unha compañía residente no concello de Pol, que dinamizan Ero Vázquez Cabrera e Isabel García Coldeiro, cunha proposta estética baseada nunha continua labor de creación, experimentación e de produción de obradoiro como o demostran as súas pezas máis recentes como “Tolitates”, “Gaela quere ser druída”, “Gaela de Breana no bosque animado”... Nos últimos meses están a levar por toda a provincia de Lugo “Kinetiko”, unha iniciativa do xogueteiro Manu Taboada xunto con Ero Vázquez e que consiste nun conxunto de autómatas que coa axuda dos seus mecanismos e do movemento que xeran, demostran que calquera persoa pode desfrutar dos brinquedos e dos monicreques.
Xogo Revolto vai
dirixido para crianzas entre 3 e 12 anos. A entrada ten un prezo de 2 euros e
cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal
ou a través do whatsapp 698177621.
0 comentários :
Danos a túa opinión