Redacción. -
Casa-Museo Manuel María publicou durante este ano Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997), libro que será presentado, na mesma Casa-Museo, este sábado, día 20 de novembro, ás 18 horas, por parte dos responsábeis da súa edición, os catedráticos de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña, Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Manuel María (1929-2004) e Neira Vilas (1928-2015) son dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos pertencen, por idade, á mesma xeración, mais en canto o primeiro desenvolve a súa actividade literaria desde o interior da nación en tempos de ditadura e nas primeiras décadas do período posfranquista, o segundo faino fundamentalmente desde a Galiza emigrante, seguindo o pulso cultural do seu país a quilómetros de distancia. Aínda así, mantiveron unha intensa relación por correspondencia, un total de cento dúas cartas, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.
0 comentários :
Danos a túa opinión