Redacción. -
A Federación Galega de Dano Cerebral e ADACE Lugo organiza este mes o ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', no que se poderán ver os filmes Fálame de ti (Un homme pressé. Hervé Mimran, 2018) e A escafandra e a bolboreta (Le scaphandre et le papillon. Julian Schnabel, 2007).
As proxeccións serán os mércores 24 de novembro e 1 de decembro no Auditorio Sede Afundación. Nos anexos hai máis información sobre o ciclo e sobre as películas.
Agradecemos a difusión desta información, coa que nos axudades a sensibilizar sobre a situación das persoas con dano cerebral adquirido.
0 comentários :
Danos a túa opinión