Redacción. -
Finou o académico da RAG Darío Xohán Cabana, aos 69 anos de idade. Con 40 obras publicadas, unha máis a piques de saír do prelo, e o seu compromiso intacto coa lingua e o país galego, o home que –como el mesmo dixera– “superou dificilmente unha noite de pedra” non puido contra a doenza que o ateazou nos derradeiros tempos.
A súa familia, o mundo literario e galeguista están desde antonte de loito ante a marcha dunha figura esencial na historia da literatura galega contemporánea.
O lugar que o vira nacer, a aldea de Roás en Cospeito, na Terra Cha lucense, converteuse dende onte no epicentro da peregrinación de persoeiros da cultura que se achegaron á casa familiar para darlle o pésame á súa dona, a canguesa Amelia, e máis aos seus dous fillos: Alexandre e Breogán.
Ata alí, viaxaron na tarde de antonte, entre outros, persoeiros como Xosé Luís Méndez Ferrín, considerado un dos seus tres pais literarios –tras Manuel María e Xosé María Álvarez Blázquez–; e os tamén membros da Real Academia Galega (RAG) Xosé Luis Axeitos e Margarita Ledo.
Que a terra lle sexa leva.
0 comentários :
Danos a túa opinión