Redacción. -
A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 11, ás 20 hrs, un concerto de Comando Curuxás. A banda, formada por Alberto Núñez ao acordeón diatónico, Pablo Pardo «Pacior» na frauta traveseira de madeira e saxo soprano, Miguel Anxo López nas percusións, Pablo Pascual ao clarinete baixo e Serxio Núñez ao clarinete, pandeiro gaita e voz, ten un son que lembra ás antigas romarías, e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile.
Comando Curuxás tirou o seu primeiro traballo discográfico en 2020. Fandangos, rumbas, xotas, muiñeiras e outros ritmos bailábeis compoñen un traballo para o desfrute de todas e todos.
Para asistir ao concerto cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.
0 comentários :
Danos a túa opinión