Na AGCT levan anos traballando na conservación da flora serpentínica endémica da zona de Santiso, Melide e Palas de Rei. Os solos serpentínicos son moi escasos a nivel mundial (<1%) e debido a súa singular composición mineralóxica favorecen a aparición de especies adaptadas ás súas especiais condicións. O afloramento de rochas serpentínicas do centro de Galicia alberga tres especies de plantas únicas no mundo, todas elas en perigo de extinción. Son a herba de namorar de Merino, a santolina de Melide e a magarza de Barazón. As maiores ameazas para estas especies son a transformación do seu hábitat en plantacións de eucaliptos e pradeiras intensivas e tamén o abandono dos usos tradicionais, que está a favorecer o desenvolvemento dunha matogueira que compite coas especies endémicas.
Co fin de contribuír á conservación desta flora serpentínica, na AGCT levan oito anos alugando terreos na zona e o ano pasado compramos máis de 4 hectáreas de superficie serpentínica. Agora queren avanzar no proxecto e para iso lanzan unha campaña para mercar terreo serpentínico e conservar o ameazado hábitat destas especies.
Precísase recadar 4.660 euros antes do 25 de decembro.
Queres colaborar?
Tes máis info da campaña de captación de fondos:
https://www.
E máis info do proxecto:
https://www.
0 comentários :
Danos a túa opinión