Redacción. -
O 11 de decembro do 2021, ás 12 horas, terá lugar unha Táboa Redonda no Muíño do Rañego coa participación de Alfonso Blanco Torrado, Noemi Díaz Corral, Eduardo Pérez Baamonde e Xulio Xiz Ramil. Seguidamente haberá un percorrido polo Paseo dos Soños e ás 14 horas un xantar de fraternidade.
Víctor Corral comezou a facer esculturas no monte, coas rochas, cando era neno e coidaba as vacas. Realizou estudos primarios e traballou no campo. Tras dous anos de estudos na Escola de Artes na Coruña e outros dous na Escola da Lonxa de Barcelona, montou o seu primeiro obradoiro en 1963. Tres anos máis tarde facía a súa primeira exposición na Cidade Condal. Despois dalgunhas exposicións en España e no estranxeiro, comezou a construír a súa Casa museo na súa parroquia natal de Baamonde, onde ten esculturas de pedra e bronce no xardín, e de madeira, marfil, bronce e miniaturas de luxo no interior. Na igrexa parroquial de Baamonde hai un castiñeiro centenario coa Virxe do Rosario tallada no interior (caben 4 persoas).
En 2015 foi nomeado fillo predilecto do concello de Begonte.
0 comentários :
Danos a túa opinión