Libro Galego do Ano

Redacción. -

Radiofusión iniciou o proceso participativo para escoller antes do remate deste 2021 o “libro galego do ano”. Oíntes da radio e internautas poderán votar entre os 40 títulos propostos que foron os abordados ao longo do exercicio no programa “Clube de leitura” que todas as semanas emite a rede galega da radio local. Poderá emitir cada persoa só un voto a través das redes sociais de twitter (Radiofusionga e Radio Fene) facebook (Radiofusión e A Fenestra de Radio Fene) e Instagram (Radio Fene). Entre as persoas participantes sortearanse 5 lotes de 5 libros cada un. O período de votación está aberto ata as 12 horas do xoves 30. O venres 31 darase a coñecer o Libro Galego do Ano 2021 e máis as 5 persoas participantes afortunadas que recibirán o agasallo.
Pódese votar por calquera dos libros incluídos na lista do remate(1)

Clube de leitura
“Clube de leitura” é un programa radiofónico de divulgación do libro. Intenta captar novos públicos para a literatura galega. O formato é dun diálogo sobre un libro “cara a cara” entre persoas lectoras e o autor ou autora. Ao longo do 2021, gravouse o programa nos estudios de Radio Fene, Radio Culleredo, Ames Radio e Radio Redondela. Emítese todos os xoves a través das emisoras municipais pero tamén se pode escoitar o podcast na web www.radiofusion.gal


Libros pre-seleccionados:

Xoan Rubia. Pasaba por alí e quedei un intre.
Diego Ameixeiras. O cervo e a sombra.
Ledicia Costas. Infamia
Anxos Garcia e Glafira Fernández. Encanta se ir, conmove se chora
Héctor Carre. Medos.
Xoaquín Fernández Leiceaga. Baixo as alas de abril.
Xosé Luís Vázquez Somoza. O conserxe.
Arantza Portabales.  A vida secreta de Úrsula B.
Ignacio Vidal Portabales. Lara e Sabela
Charo Pita. O cuarto de Jane.
Andrea Maceiras. A folla azul.
Maria Rei Vilas. Flores de ferro.
Eva Veiga. E Baldo Ramos.  Quérote canto.
Antonio M.Fraga.Santoamaro.
Rafael Catoira. O escultor.
Angeles Goás e Leandro Lamas. O asubío do avó.
Xavier Quiroga. O baile de estorniños.
Manuel Bragado e Daniel Puente. Contos de obxectos. 1
Xosé Manuel Pereiro. Reboiras.
Francisco Leira. Soldados forzosos.
Xosé Iglesias. Nación-mar.
Xavier Seoane. Canción para Ana Lúa.
Antonio Reigosa. Contrahistorias de Galicia.
Rexina Vega. O estado intermedio.
Manuel Gago. Nus.
Xavier Seoane. Dicionario irreal para un país imposible.
Marilar Aleixandre e María López Sández. Movendo os marcos.
Xosé Luís Axeitos. Aproximacións a Manoel Antonio.
Raquel Vila-Amado e Tomás González Ahola (editores) O porco de pé. Vicente Risco.
Daniel Salgado. Os paxaros e outros poemas.
Carlos Negro. Non cantan paxaros neste bosque.
Aurora Marco. Irmandiñas.
Xosé Ramón Freixeiro Mato. Idioma e sociedade.
Rosalía de Castro (Anxos Garcia Fonte) Cantares Gallegos.
Henrique Rivadulla “Corcón”. Cando soa a buguina.
Elvira Ribeiro. Mar de mazá.
Olga Novo. Feliz idade.
Felipe Barata. O smoking de Federer.
Berta Davila. Illa Decepción.
Suso de Toro. Un señor elegante.

22 de dec. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión