Agasallos da Fundación Érguete

Redacción. -

Onte a Fundación Érguete Integración fixo entrega no Hospital Teresa Herrera, materno infantil, dun centenar de agasallos realizados por persoas internas módulo 1 do Centro Penitenciario de Teixeiro.

Os agasallos se entregarán aos nenos e nenas que terán que pasar o Nadal ingresados no hospital. Esta iniciativa nace dunha colaboración do Centro Penitenciario de Teixeiro e a Fundacion Érguete Integración, na que persoas internas do centro penitenciario que colaboran nos talleres ocupacionales do centro, aproveitan as súas destrezas persoais para coñecer e axudar ao seu entorno. 

Nesta ocasión as persoas internas empatizaron con estes nenos e nenas ao coincidir nun punto, ambos pasarán estas datas afastados da súa familia. Con estes detalles queren mandarlles forza, e colaborar, nas súas posibilidades, en animalos e sobre todo, que se sintan acompañados e comprendidos.

Cada cativo recibirá un adorno navideño feito en arcilla por eles e elas, presentado cada un nun fermoso paquete. Os agasallos irán acompañados cun vídeo onde as persoas internas involucradas nesta actividade explican como e por que se implicaron nesta inicitativa. 

Esperamos que esta pequena acción consiga, polo menos, algún sorriso dos cativos. Ata o de agora, fixo ao grupo de xente que o realizou, sentirse máis útil, empatizar con situacións diferentes as propias, valores que sen dúbida lles servirán para a súa proxima nova vida en liberdade.

Para máis información:

www.fundacionerguete.org

Rosaura Romo Hernández

Email: itinere.coruna@gmail.com

25 de dec. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión