V edición de poemas pendurados de farolas

Redacción. -

POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS (V Edición).
A quinta convocatoria de Poemas Pendurados de Farolas está adicada a Rosalía de Castro. 
Para participar hai que enviar un poema por participante con unha extensión máxima de 16 versos ao correo npggazeta@gmail.com antes do 22 de xaneiro de 2022.
Nesta edición os poemas estarán en dúas localidades, Vilalba en febreiro e Guitiriz en Xuño.
En Vilalba, esta actividade formará parte das Xornadas Rosalianas que divdesas entidades vilalbesas estamos a organizar para ese mes.
En Guitiriz serán parte tamén do II Festival de poesía Guitirica.
En edicións anteriores as temáticas foron Os lumes, a violencia machista, as inxustizas sociais e o COVID con grande éxito de participación. Nesta edición, adicamos esta convocatoria a Rosalía de Castro para acompañar as xornadas vilalbesas adicadas á grande poeta galega, que tamén será homenaxeada no II Festival de Poesía Guitirica na segunda fin de semana de xuño.

27 de dec. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión