Redacción. -
A delegación de Lugo de ADEGA organiza este domingo unha nova limpeza de ríos, concretamente nun treito do Río Rato á altura de Albeiros, dende ás 11h ata as 14h.
Esta actividade xorde ante a necesidade de retirar o lixo existente no río, procedente na súa meirande parte da mala xestión doméstica, nomeadamente as toalliñas, preservativos, paus dos ouvidos... que se botan polo wc, e que rematan no río cada vez que as grandes choivas saturan as canalizacións de augas suxas e os pozos de tormenta liberan estas augas, con todo o que conteñen ao río.
O obxectivo desta actividade é a concienciación social que entre todos e todas realizamos, axudando con pequenas accións a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas f luviais. Para participar na actividade é preciso inscribirse antes do venres 4 de febreiro ás 14h chamando ao 982240299 ou escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal apelidos, DI, e teléfono de contacto.
0 comentários :
Danos a túa opinión