Roteiro Arqueolóxico por Vilalba

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), organiza para o sábado 11 de xuño de 2022, un ROTEIRO denominado ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?  A saída do roteiro está prevista para as 18:00 horas dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, co seguinte RECORRIDO: •  CATRO CAMIÑOS •  PORTA DE CIMA •  PRAZA DA IGREXA •  A FERRERÍA •  PRAZA DA FAROLA •  PRAZA DO CASTELO OU DA FEIRA •  A CARRETERA Inscrición: Todas as persoas que desexen participar deberán mandar un correo electrónico ao enderezo do IESCHA: estudoschairegos@gmail.com   indicando o seu nome e o seu número de teléfono. De haber máis solicitudes que prazas -25- levarase a cabo un sorteo, tendo preferencia os/as asociados/as ao IESCHA. 

9 de xuño de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión