Redacción. -
Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos
Chairegos, coa colaboración da Área de CulturaVicepresidencia
da Deputación de Lugo, organiza os
ACTOS DA CULTURA CHAIREGA, en homenaxe
MANUEL MARÍA, coincidindo co seu XVIII CABODANO.
PROGRAMA
XOVES 8 DE SETEMBRO – ÁS 20:00 HORAS – NO
ESPAZO MANUEL MARÍA
Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así
como un recital poético popular, aberto a toda a xente que
queira participar con poesías, cancións ou calquera outro
texto relacionado co gran poeta chairego.
Entrada libre e gratuíta.
VENRES 9 DE SETEMBRO – ÁS 20:30 HORAS – NO
AUDITORIO MUNICIPAL
Terá lugar en primeiro lugar:
O ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO
XOHÁN CABANA
Darío Xohán Cabana foi nomeado SOCIO DE HONRA DO IESCHA,
por aclamación dos asistentes, na Asemblea Xeral do día 25 de marzo
de 2022, resaltándose o seguinte:
Darío Xohán Cabana, escritor chairego, nacido en Roás no ano 1952, foi
Académico da RAG, na que ingresou o 22 de abril de 2006. Recibiu máis de
medio cento de premios literarios por artigos, contos ou poemas, sendo un dos
gr andes referentes da cultura galega, brillante dinamizador e impulsor da
mesma a través da súa poesía, da súa narrativa e das súas traducións.
Esta Asemblea do Instituto de Estudos Chairegos noméao SOCIO DE HONRA
DO IESCHA: Pola súa grande e meritoria obra poética e narrativa, polo seu
profundo coñecemento da nosa lingua, polo seu activismos político e cultural,
polo seu compromiso co espallamento de todo o relacionado coa Terra Chá,
entre outros moitos méritos.
A continuación levarase a cabo:
O CONCERTO DA CANTANTE GALEGA CRIS ROMÁN
CRIS ROMÁN
“A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock
Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco
autoproducido A Cuentagotas.
Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa
paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop
aterciopelado. Acompañada dunha banda de grandes músicos como Alexandre Fontán aos
teclados; Fran Alonso ao contrabaixo; Alexis Iglesias na guitarra; e Javier Romo na percusión.
Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e
música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego".
A entrada para este acto será tamén de balde, pero por motivos organizativos e de
loxística, haberá que realizar a correspondente reserva ben na páxina web do
Concello, ben na Casa da Cultura, ou ben directamente no Auditorio o mesmo día 9.
0 comentários :
Danos a túa opinión