Proxección de 'Jacinto'
30 de nov. de 2022
Mural para Díaz Castro en Guitiriz
"Ponte... nas ondas!", un modelo para o mundo
O vindeiro 1 de decembro, na 17ª Sesión Intergobernamental da UNESCO que se vai celebrar en Rabat, vaise proclamar a inscrición de Ponte...nas ondas! como modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial no rexistro de UNESCO. O informe favorábel do órgano avaliador publicado hai uns días fai que sexamos xa moi optimistas!
Queremos compartir con todos vós este momento tan importante para Galicia e para Portugal, o territorio onde naceu a experiencia de Ponte...nas ondas!, pois trátase da primeira inscrición tanto para Galicia como para Portugal. Ao longo destes 27 anos de existencia foron moitos os/as alumnos/as e os/as profesores/as que participaron nas actividades de Ponte...nas ondas!, as familias do alumnado e as asociacións de pais e nais que colaboraron nas accións realizadas, e as persoas e comunidades portadoras do noso patrimonio cultural inmaterial. E por suposto, as radios e os medios de comunicación que foron aliados e colaboradores imprescindíbeis.
Chegou o momento de celebrarmos xuntos esta proclamación. Queremos que vos sintades partícipes desta inscrición e que o celebredes no voso medio con algunha acción simbólica ou da forma que estimedes oportuna. O lema que queremos deixar é:
PONTE...NAS ONDAS! UN MODELO PARA O MUNDO
Todos os recursos que están dispoñibles nas webs: (www.pontenasondas.org, www.escolasnasondas.com , www.opatrimonio.org, www.meninoscantores.com, www.naponte.com, www.coresdoatlantico.eu ) e os libro- discos editados ( Meniños Cantores 1 e 2, Na ponte, Cores do Atlántico ).
24 de nov. de 2022
Xornadas pola diversidade
Premio Trapeiro de Honra
23 de nov. de 2022
Uxía e Germán Díaz na Casa do Manuel
Hoxe, sábado, 19 de novembro, a partir das 20 horas, na Casa-Museo Manuel María a cantora Uxía e o zanfonista Germán Díaz deleitarán ao público asistente con Alalás e cantigas do Camiño, un espectáculo que pretende mostrar toda a beleza das músicas - históricas e imaxinadas – da tradición musical dos camiños a Compostela.
Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.
19 de nov. de 2022
Novo presidente da Fundación Manuel María
15 de nov. de 2022
'Palmeiras, piueiros' de Anxo Angueira
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, editado pola editora CHAN DA PÓLVORA “PALMEIRAS E PIUEIROS”, do que é autor ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
O acto terá lugar o xoves 17 de novembro de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.
Palmeiras, piueiros nace dun feito determinante: a morte da palmeira de Manselle, que para el simbolizaba un emblema do seu lugar natal e, ao mesmo tempo, unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia contemporánea. Nese suceso, desencadeouse o impulso creativo e extendenuse en múltiples dirección, nun proceso desbordante que atinxe tanto á intensidade formal como á profundidade das emocións. Máis que nunca, neste libro de Angueira, a palabra e a voz son un principio de pracer. (www.chandapolvora.gal)
Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) constrúe desde finais dos anos oitenta unha das obras máis persoais da poesía galega. A súa proposta, enxertada na intensidade do avío popular e relanzada no ámbito axitador, deixou pegadas indelebles en libros como Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Libro da Vertixe (1997) e Fóra do sagrado (2007). Desde finais dos noventa, internouse no cúltivo da narrativa, onde conseguiu unha grande acollida, tanto da crítica como dos lectores. Pensa nao (1999) ou Iria(2012) son algúns dos seus títulos máis celebrados. De entre os ensaios e investigacións como profesor da Universidade de Vigo, cómpre destacar A espiral no espello (2009). Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro (2013), Rexurdimento: a palabra e a idea (2019) e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Foi membro fundador das Redes Escarlata (2001) e desde xuño de 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. (www.chandapolvora.gal)




