Redacción. -
IESCHA
Adiada a proxección prevista para o mércores 28 de decembro de 2022, ás 20:00 horas, no Campo da Feira de Vilalba, na que o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co CONCELLO DE VILALBA, acolléndose á unha iniciativa do XACOBEO 21-22 e da produtora VÍA LÁCTEA FILMES, organizaba a proxección, en formato AUTOCINE, da película VILAMOR, do director IGNACIO VILAR.
SIPNOSE
Baseado en feitos reais
Mentres a nave Enterprise comeza a súa viaxe espacial, as Mothers of May marchan por primeira vez en Bos Aires e Star Wars enche os cines de todo o mundo, nun lugar marabilloso e remoto de Galicia –recén rematado pola ditadura franquista– o tempo detense e comeza un soño.
Breixo, un mozo seminarista atópase cos habitantes dunha comuna próxima á súa aldea, ao outro lado do río. Breixo déixase seducir polo ideal dunha vida alternativa e axuda aos mozos e mozas a recuperar a aldea perdida de Vilamor. Sen propiedade privada, traballando a terra e en total comuñón coa natureza, o soño comeza a facerse realidade (a pesar dos constantes ataques das forzas vivas do lugar).
Pero todo se complica cando Breixo se namora de Sonia. O amor libre non está feito para el. Nin drogas, nin ateísmo absoluto...
Trinta e tres anos despois, convertido nun escritor de éxito e cos seus ideais enferruxados nalgún recuncho da súa memoria, Breixo regresa ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.
Dirección Ignacio Vilar
Guión Carlos Asorey Ignacio Vilar
Produción executiva Daniel Froiz
Música Zeltia Montes
Dirección de fotografía Alberto Díaz “Bertitxi”
Dirección de arte Curru Garabal
Son Xavi Souto Diego S. Staub
Montaxe Guillermo Represa
Xefe de produción Alberto Tomé
Vestiario María Fandiño Mar Fraga
Foto fixa Xurxo Lobato
Maquillaxe e perruquería Chicha Blanco Francisco Martínez
Asesor de actores Ermel Morales
0 comentários :
Danos a túa opinión