Redacción. -
O sábado 31 de decembro de 2022, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) levará a cabo a inauguración da inscripción conmemorativa nunha das lousas da praza (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”) cando se cumplen dez anos do pasamento do benquerido BERNARDO GARCÍA CENDÁN.
O acto terá tamén un apartado poético (no que poderán participar todas as persoas que o desexen) co recitado de poemas do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán dúas alumnas do Conservatorio vilalbés: Icía Saavedra Cortiñas, coa guitarra, e Sara Puentes Antas, coa frauta.
0 comentários :
Danos a túa opinión