Redacción. -
Continúan as actividades no local social da Escola de Pino. Desta volta inícianse unha serie de conversas pensadas para achegar autores e as súas obras á parroquia.
No primeiro acto contarase con Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro, que falarán das súas vidas entre obras e dos seus últimos traballos publicados. Estará con eles o poeta Martiño Maseda actuando como moderador.
Biblioteca Rural San Martiño de Pino
Sábado 7 de xaneiro, ás 17:00 da tarde.
0 comentários :
Danos a túa opinión