Redacción. -
A asociación socio-cultural Lareira de soños dos Vilares véen de conceder o premio Trapeiro de Honra na súa oitava edición a título póstumo a Manuel Fernandez Corral (Manuel de Lea).
Nado no lugar de Lea nos Vilares, Manuel foi unha das persoas máis queridas e respeitada tanto na súa parroquias de nacemento como na de residencia, Momán, no concello de Xermade.
Labrego, zoqueiro e comerciante, foi un dos principais informantes de Pastora Veres para o seu libro Lareira de soños debido á súa prodixiosa memoria e sabedoría da contorna.
O acto de entrega será o 28 do mes de xaneiro e terá lugar ás 12:30 na capela ao pé da feira de Momán, un lugar preto da súa casa, onde será entregada á família unha peza exclusiva elaborada pola artista Viki Rivadulla.
No acto está previsto que participen o alcalde de Xermade Roberto Garcia, a alcaldesa de Guitiriz Marisol Morandeira, a escritora Pastora Veres, o crego de Momán Luis Rodríguez Patiño e contará tamén con música e poesía de poetas da NPG Nova Poesía Guitirica.
En anteriores edicións este premio recaeu en Xosé María Díaz Castro (tamén póstumo), Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos, Asunción dos Ares, Raúl Río, Sara das Reixas e Germán Castro.
“Manuel de Lea representa a unha xeración de homes que sofreron a guerra, a posguerra, a emigración nas súas famílias e outros traballos para sacar adiante a súa tribo, e no seu caso queda do viúvo moi novo con un grande número de fillos. Home afable e agarimoso, sentimos unha grande mágoa por non poder entregarlle o premio en vida, aínda que queremos trasladar a quenes o trataron a nosa sentida homenaxe".
Manuel representa a unha xeración de homes do rural que loitaron por sacar adiante ás súas familias En tempos moi duros e simboliza a essa heróis silenciosos cuxa maior satisfacción foi sempre ver felices a quenes o rodearon, família e xentes coas que compartou un tempo da súa longa vida.
0 comentários :
Danos a túa opinión