Iago Castro
Begasa obsequiou a Vilalba onte, 1 de abril, cunha viaxe no tempo. Polas doce menos cuarto un apagón xeral deixou a vila ás escuras e rescatou das gavetas velas e lanternas. Nalgunhas zonas a luz eléctrica non volveu até perto da unha menos cuarto. Precisamente hai poucos días tentaba comunicar unha avaría no teléfono que a compañía ofrece para este mester. Unha operadora cabreada repetía continuamente es que no le entiendo. Normal. A quen se lle ocorre tentar falar en galego con Barras Eléctricas Galaico Asturianas, unha empresa implantada esclusivamente en zonas galego falantes da Terra Cha, A Mariña e o Occidente de Asturias, que ten o servizo de atención telefónica en Santander. Este é o respecto que lle merecemos a BEGASA-VIESGO-ENI. Pero, iso si, cobrar cóbrannos igual que a calquera. Faltaría máis.
Said
Estou de acordo contigo, Iago. Eu tiven unha avaría no edificio -unhas bornas derramadas por culpa do alumeado das festas- e atendeume unha rapaza moi, pero que moi borde que me dixo que EU TIÑA A OBRIGA DE SABER ESPAÑOL, E QUE ELA NON. A próxima vez gravareino para facer a denuncia oportuna. Xa me queixei a BEGASA, pero aínda non responderon, e van varios meses. Son uns impresentábeis. O do apagón, non merece nin comentarios. Nin sequera saben facer o seu traballo.
Said
O gabinete de comunicación de Begasa di, segundo La Voz de Galicia de hoxe, que a luz volveu en 7 minutos a algunhas zonas da vila, e nun máximo de 30 noutras. Na miña casa o apagón durou das 11:45 ás 12:40, e despois aínda houbo breves cortes até a 1:05. Que veñan a discutirmo, se queren. BEGASA: chapuzas e mintireiros.