Festa do Queixo de San Simón da Costa


Redacción


Chegou á súa XIV edición a Feira do Queixo de San Simón da Costa, coa novidade que supón extendela a dous días consecutivos. Ademáis dos postos de todos os elaboradores deste produto autóctono, a feira deu cabida a outros queixos de calidade de diversas zonas de Galiza e do Estado, artesanía, produtos alimentarios de calidade e, como non, reservou un espazo para que as asociacións locais expoñan as súas actividades e programas. Un esforzo por parte do Consello Regulador do Queixo de S. Simón da Costa, non só para divulgar a súa producción, senón tamén a estimulante actividade da sociedade civil vilalbesa.

A Festa deste ano estivo precedida dun concurso de tapas elaboradas a base deste queixo montañés, na que participaron abondosos locais de hostalería vilalbeses.

A organización contou coa colaboración económica do Concello, Caixa Rural Galega e Consellaría do Medio Rural, e é un exemplo do que estes produtos tradicionais de alto valor engadido sobre as materias primas de base poden supor para dar un pulo económico á economía da zona.

Foto O'Riesan



6 de abr. de 2008

2 comentários :

  • Esa é unha parte do camiño para a promoción do Queixo de San Simón e tamén para que Vilalba reciba a visita de milleiros de persoas nunha fin de semana. Hai que agradecer iniciativas como esta dos productores de Queixo de San Simón que redunda en beneficio de todos/as.
    No artígo que aparece asinado pola redacción parece que se esqueceron de que a Consellería de Medio Rural tamén colabora na financiación desta festa e non precisamente na porcentaxe menor.
    Saúdos.

    11 de abril de 2008, 00:17

  • Efectivamente, rectificar é de sabios, e a Consellaría de Medio Rural é un dos patrocinadores da Feira do Queixo. Aí están os lectores para espabilarnos. Grazas a Xosé Manuel.

    11 de abril de 2008, 00:34

Danos a túa opinión