Iago Castro
Parece que a opinión anda algo dividida, aínda que gaña a opción de tirar do rueiro os nomes que están dalgunha maneira relacionados con aquela etapa negra da nosa historia que foi a ditadura franquista.
É unha cuestión de xustiza é a opción maís votada, seguida de perto por é unha parte da nosa historia (tamén o son os campos de concentración españois en Cuba, a expulsión dos xudeus ou a inquisición, dito sexa de paso). A distancia, as opcións hai que superar ese negro pasado e moi minoritaria, é unha molestia innecesaria, argumento usualmente utilizado por certos políticos para non facer nada e que, como queda demostrado, importa máis ben pouco.
Non se pretende que a enquisa sexa representativa, nada máis lonxe da intención de A Voz de Vilalba (quen vería ao Naseiro soltarnos o rollo estatístico), pero aquí puido entrar e votar todo o mundo de calquera punto do espectro ideolóxico, como o demostra o axustado resultado.
Así, pois, a ver que partido recolle a luva (tanto dá PP-PSOE-BNG) e vemos axiña unha moción no Concello para proceder a estes cambios necesarios.
Unha pista sobre por onde van os tiros dánola a segunda parte da enquisa. Aínda que, en principio, estaba restrinxida ás persoas que votaran afirmativamente na anterior, o número dalgunhas respostas indica que hai xente non partidaria dos cambios que, sen embargo, si removería algúns nomes, particularmente o do xeneral Nevado Bouza. Este é o resultado:
Nevado Bouza, Alférez López, Luís Valdesuso, Fraga Bello e Novo Cazón suscitan a opinión maioritaria (particularmente os primeiros), mentres que o Coronel Pena e Basanta Silva quedan a medio camiño entre partidarios e detractores.
Así que aquí quedan datos dabondo para a reflexión e máis para a acción. Agora, lectores d'A Voz de Vilalba, propoñan novas denominacións. A ver se nos fan algún caso.
iago.d.castro@hotmail.com
0 comentários :
Danos a túa opinión