Redacción
O polifacético e creativo líder da banda Siniestro Total, Julián Hernández, que tamén exerce como columnista de El País, publica hoxe na edición galega deste xornal un artigo no que recolle os detalles da recente visita de Glutamato Ye-Yé á capital chairega.
No mesmo pódese comprobar que Mr. Hernández, ademais de estar presente o día do concerto dos Glutamatos, visitou recentemente os contidos de http://www.avozdevilalba.com/, pois fai mención a unha colaboración publicada na nosa web sobre a actitude vital de George Steiner.
Para máis información, achégase o artigo de Julián Hernández na súa totalidade. Non perdan detalle; paga a pena.
Said
Pois me parece ben o que dí Julián de Siniestro Total.Claro que cada un ve as cousas dende diferente óptica e a miña non é a mesma visión, ou estabamos en "sitios distintos", para min e calquera que non fora de Vilalba pasarialle como có persoeiro que deu o Pregón, un tal Pena, que parecía estar extasiado de sí mesmo o igual que outros vilalbeses que o estaban no "Escenario dos Glutamatos Ye Ye", e de entre eles destacaba un que lle chamaban chafarote que profería uns berros máis propios da fauna selvática, que das festas do San Ramón, e mesmo semellaba que o Concerto era para eses mesmos, máis que para disfrute e goce dos que queriamos escoitar música, inda que nos gosta máis de outro tipo.
Vilalba dende logo ten razon o antedito Siniestro que goza dunha singularidade, como a dos "furados negros".