Redacción
Apostamos por Barack Obama e queremos celebrar o seu trunfo antes de que se produza. Porque dende este medio local pensamos que é necesario un cambio no panorama global, onde os valores humanos deben primar sobre os valores bolsistas, onde os dereitos dos máis débiles estean por riba do capitalismo salvaxe, en pleno proceso de decadencia. Por varios motivos fundamentais.
En primeiro lugar, porque Estados Unidos precisa de medidas sociais que emulen ao New Deal, co que Franklin D. Roosevelt foi capaz de recuperar a confianza dos cidadáns tras a Grande Depresión de 1929. Este paquete de medidas baseouse na presunción de que aquela crise fora causada pola inestabilidade inherente do mercado, e que a intervención do goberno era necesaria para racionalizar e estabilizar a economía; de feito, ten varios puntos en común coa recesión económica que estamos a vivir na actualidade.
En segundo lugar, para dicir adeus ao desastroso período de George W. Bush, o verdadeiro responsable de levar ao pobo norteamericano a cuestionarse a súa identidade como tal, embarcándose nunha guerra ilegal que aínda non se puido xustificar e da que deberá respostar algún día ante o Tribunal Penal Internacional, xunto cos outros dous actores que protagonizaron con el a vergoñante foto das Azores.
Para rematar, o xigante americano tamén precisa que se faga por fín realidade o soño de Martin Luther King -que hoxe encarna o candidato demócrata- e do que se cumplen 45 anos: (…) Teño un soño, que un día esta nación se elevará e vivirá o verdadeiro significado do seu credo, cremos que estas verdades son evidentes: que todos os homes son creados iguais (…). Hoxe teño un soño! (…).

Said
Yes, we can! Nunca me ilusionara tando por unhas eleccións USA. Deberiamos poder votar todos.
Said
Sinceiramente non me gusta para nada este señor chamado Barack Obama. Nin unha soa palabra de apoio, nen nada polo estilo. A todos lles parece un novo Kennedy, sen embargo este home levará o mundo a ruína. Kennedy negociou co máis escuro sovietismo. Os grandes presidentes de USA foron honrados republicanos que levaron a Occidente a conseguir os seus grandes retos. Como esquecer a Nixxon, Ford ou Reagan. Tamén foron moi bos ambos Bush, que o único que se atoparon foron cunha denodada campaña comunicativa en contra deles. Ata un político definido coma conservador, orixinario de Vilalba defendeu ao presidente electo. Nin que decir ten que agora chámanlle 'Obama Iribarne'