Memoria escrita, historia e emigración


Redacción

O Consello da Cultura Galega acolle os días 6, 7 e 8 de novembro a IV xuntanza anual da Rede de Arquivos e Investigadores da Escrita Popular baixo o titulo “Memoria escrita, historia e emigración”. As sesións comezan o vindeiro xoves día 6 ás 16´30 horas. O acto está organizado polo Arquivo da Emigración Galega-Consello da Cultura Galega (Xosé Manoel Núñez Seixas), a Cátedra UNESCO de Historia das Migracións da Universidade de Santiago (Domingo González Lopo), e a Red de Archivos da la Escritura Popular SIECE, da Universidade de Alcalá de Henares (Antonio Castillo Gómez).

4 de nov. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión