Fe de erros

Iago.D.Castro

Vaia por diante que non desexaría converterme no "inbox" d´A Voz de Vilalba, xornal no que colaboro con gusto dende o meu exilio, pero no que non teño responsabilidades de redacción. Eu non quero, ademais, entrar en polémicas postais con ninguén, máis que nada por falta de tempo. No fondo da páxina poden ver o contacto electrónico e postal da redacción. Mais, en fin, xa que estamos, imos ao conto: Xesús Bermúdez, concelleiro de infraestruturas, persoal e mocidade do Concello de Vilalba remíteme un amábel correo no que, ademáis de calificarnos de "xenios da cultura vilalbesa" (grazas, Xesús, pero se iso vai polos que escribimos n´A Voz, non é para tanto), indícanos que o comentario publicado hai uns días titulado "dereito de pernada", e que responde a outro amábel correo dun lector, está errado, xa que o que aparece na fotografía non é o coche do primeiro edil vilalbés.

Comparada a fotografía publicada coa que nos envía Xesús, é verdade que corresponden a versións distintas do mesmo modelo polo que, rectificando que é xerundio, FE DE ERROS: o coche da foto que publicamos non é do Concello de Vilalba. Queda dito e reciba unha disculpa o aludido. De todos xeitos, o tirón de orellas non o podo retirar grazas a esta foto que me envía outro amábel lector e que si corresponde ao vehículo particular do primeiro edil:











Tamén nos envía Xesús outra foto na que un vehículo oficial da Xunta de Galiza foi pillado "in fraganti" case no mesmo sitio. Esta:











Pois iso, o que é válido para uns éo para os outros.

Outro lector adícanos un comentario que arrepía: "Pregúntome eu (...) que camiño terán que coller os seus editores (os d´A Voz) no momento en que haxa un cambio político, algo que algún día, non se sabe cando, acabará por suceder."

Home, amigo Astur, iso que dis soa moi mal. Que camiño é ese ? O do exilio? O do paredón? Acaso isto non é unha democracia dende 1978, onde cada quen opina como quere? De feito, a liña editorial d´A Voz de Vilalba é máis ben neutral. Outra cousa é para onde tiramos os colaboradores, que é para onde nos peta: Xulio Xiz é máis ben dun lado, eu do contrario... o normal, non? Cónstame que dende a redacción d´A Voz se convidou a colaborar a persoeiros de todo o espectro político, alcalde incluído. Pero cada quen é libre de opinar... e de non opinar, por suposto. Como cada quen é libre de ler este ou calquera outro medio... ou de non ler ningún en absoluto.

En fin, o dito. Sen ánimo de entrar en polémicas, unha aperta para todos.

11 de feb. de 2009

2 comentários :

  • Amigo Iago, loanzas para vostede e para "A Voz de Vilalba": se de humanos é errar, de sabios é rectificar, que diría o refrán.
    De todas formas, que diga tamén o sr. Bermúdez, porque sabedor é, que o seu xefe (sic) e ínclito alcalde que temos que sufrir as xentes de Vilalba, fai o que lle peta como se pode ver nesa foto e noutras que eu mesmo podería achegar. E que quede constancia que tan culpábel coma el, desta e outras desfeitas impresentábeis, é toda a xente que o rodea e lle ri as grazas, agás se cadra o seu antecesor, que se ve ás claras que moitas veces non llas coce o corpo (verbo cando se dorme nos plenos).
    A non sermos pois hipócritas aínda que nos teñamos vendido por unha dedicación exclusiva.

    12 de febreiro de 2009, 20:40

  • Ni el concejal ni el alcalde tienen vergüenza, por Dios. Es verdad que el periodista metió la pata, y rectificó, como es su deber. Pero a ningún villalbés se le escapa que el alcade aparca donde le da la gana y se ufana de ello, y si de algo ha servido la noticia, es para que estos días pasados se lo haya pensado mejor, y no deje el coche donde le apetece.

    Mejor le iría al señor Criado si saliese personalmente a defenderse, y no mediante un subordinado. Es vergonzoso. He sido votante del PP toda la vida, pero este señor hace tiempo que me ha colmado la paciencia.

    Y por cierto, yo tambien le veo un tufillo izquierdoso a la Voz de Vilalba. No es nuevo: ya lo tenía hace veinticinco años, pero eso no es ningún delito, afortunadamente. Para mi es la única manera de enterarme de lo que pasa en el pueblo, más allá de las pobres informaciones del Progreso y de La Voz de Galicia, o de los aduladores de la Cope y Radio Principal. Será por eso que lo ve tanta gente, y el por qué de que algunos se estén poniento tan nerviosos.

    Aún así, no sobraría algún colaborador "del otro lado" ademas de Julio Giz.

    Un vilalbés

    14 de febreiro de 2009, 13:31

Danos a túa opinión