Redacción
Esta tarde o pintor Diego Antona despediuse de Vilalba, clausurando a súa mostra de óleos no Parador de Turismo da capital chairega. A exposición estivo aberta dende o pasado 26 de agosto e nela podíanse contemplar máis de corenta cadros, fundamentalmente paisaxes e retratos. Este pintor madrileño afincado en Málaga é un vello amigo de A Voz de Vilalba, coa que colaborou intensamente na primeira etapa (1983-1986) do "xornal ao servizo do pobo".
Nado na capital do Estado español en 1930, cursou estudos de debuxo de 1946 a 1948, obtendo o Premio Extraordinario por oposición na Escola de Artes e Oficios de Madrid, tendo posteriormente a oportunidade de reproducir obras dos grandes mestres do Museo do Prado e de realizar retratos e paisaxes ao longo de toda a xeografía ibérica. Na fotografía de Manuel París, Diego Antona aparece ante o cadro “Catedral de Lugo al atardecer”, un dos óleos que durante estes días puidéronse contemplar na mostra do Parador.
0 comentários :
Danos a túa opinión