Redacción
O dramaturgo ribadense Daniel Cortezón finou o pasado domingo, 4 de outubro, no Hospital Xeral de Lugo aos 82 anos de idade.
Cortezón, un dos impulsores do renacemento do teatro galego na segunda metade do século XX, naceu en Ribadeo en 1927. Fillo dun carabineiro republicano, durante a guerra civil estivo exiliado en Francia. Era, segundo as súas palabras, "(...) absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.
Foi autor de obras como O renarte Ciprián, Prisciliano, Xelmirez ou a gloria de Compostela, Pedro Madruga, Os Irmandiños ou "Os anxos cómense crús". Como narrador, en 1981 obtivo o premio Blanco Amor de novela, na súa primeira convocatoria, con A vila sulagada.

0 comentários :
Danos a túa opinión