Hoxe a cousa vai de revista de prensa. Ademais de Victor Moro sobre as caixas e Fernando González Macías sobre o paro, dous artigos na Opinión nos informan de como vai a cuestión lingüística. O primeiro é debido a José Antonio Portero Molina e o segundo a Paco Vedra, na súa sección "Cuatro Cosas".
Os dous expresan o mesmo: a idea de que a cuestión do idioma é só relevante para nacionalistas ou, na segunda versión, de que a “imposición” (o novo significado da normalización) está na base da derrota electoral do bipartito ou, o que é o mesmo, de que o electorado urbano é refractario ás políticas de normalización.
Se continuamos a lóxica da argumentación, unha de dúas, ou o PP e Núñez Feijóo se convencen de que non convén á súa imaxe centrista a actual política de liquidación do galego (e para iso sería necesario que alguén demostrara que o electorado urbano non comparte esa política) ou na batalla das municipais este elemento vai a ser utilizado como fogo graneado.
A solución que se propón é obvia: unha grande coalición PP-PSdeG que aille ao nacionalismo. É imposible no plano do político -impídeo a competencia PSdeG-PP e a estrutura do electorado- pero pode ser moi eficaz como ideal de certos segmentos. Por outro lado a posible victoria do PP nunhas futuras eleccións españolas presionaría máis ao PSdeG -aos seus alcaldes, sobre todo, necesitados de diñeiro- nesa dirección.
Non cabe dúbida de que a debilidade das candidaturas do PSdeG en Coruña e Vigo -a incerteza acerca do resultado- pode xogar a favor desta campaña militar: de que Caballero e Losada entren no xogo, como xa o fixo este último a pasada semana. Tamén a prensa das dúas cidades, por suposto. E non digamos os medios afíns exteriores a Galicia, pero xa moi influíntes entre nós: radio, prensa e televisións varias: da COPE a Intereconomía, pasando por ABC ou El Mundo.
A presión vai a ser moi forte, enorme, case insoportable, como foi o caso nas eleccións áo goberno galego. Pero moi ben podería ser que as dúas forzas volvan a facer o ridículo: a axudar aos seus adversarios a derrotalos. Quen lea a Voz (de Galicia) con certo detenimento non deixará de sacar conclusións inesperadas..
Se iso sucede estará consumada a derrota.
No lado nacionalista nin se conta con forzas para dar esa batalla, nin hai gañas de dala, salvo no retórico. Coma sempre, o crustáceo meteráse no caparazón e chamaralle a atención a quen non siga no seu mundo a chamada ao orde.
No que fai referencia á cousa mesma a tentación de patrimonializar o galego na busca de votos, que axude a manter un espazo político separado por un cordón sanitario será forte.
As candidaturas a Vigo e a Coruña son tamén frouxas e non se esperan sorpresas. De quedar o BNG expulsado do goberno dos concellos a tentación de meterse na cuncha se reduplicará -atoparán na remisión aos principios un motivo de xustificación- ou ben, será a outra posibilidade, rachará polo medio.
Só nos queda agardar que esta secuencia non se confirme…
A perspectiva é tremenda.

0 comentários :
Danos a túa opinión