A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) rexeitou hoxe publicamente a actitude dalgunhas persoas que acudiron á manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela e que increparon ao informador da TVG mentres cubría a mobilización en directo. A Xunta de Goberno do CPXG entende que estas accións son presións contra os xornalistas, inadmisibles para o normal desenvolvemento do seu traballo, e lembra aos participantes que o informador traslada á opinión pública feitos, datos e declaracións a través dun medio, independentemente de que comparta ou non a súa liña editorial.
O Colexio de Xornalistas agarda que os responsables de Queremos Galego trasladen estas ideas entre os seus convocados en vindeiras mobilizacións, se as houbese, e valora positivamente a actitude daqueles representantes da organización que pediron calma e saíron en defensa dos traballadores dos medios públicos.
O Colexio de Xornalistas agarda que os responsables de Queremos Galego trasladen estas ideas entre os seus convocados en vindeiras mobilizacións, se as houbese, e valora positivamente a actitude daqueles representantes da organización que pediron calma e saíron en defensa dos traballadores dos medios públicos.
Said
É falso que ese informador sufrise unha agresión. Como é lóxico, os asistentes á concentración aproveitaron a presenza para protestar pola actitude da TVG, de Rosa Vilas de Cambados e de Pilara, antiga nacionata de Ortigueira. O que ocurriu foi que o cámara da TVG amosou o dedo corazón en posición de 'ide mamar' (con perdón e os consabidos respectos) aos manifestantes que o insultaron, pero non o agrediron. Isa foi a gran manipulación que houbo, a suposta agresión que nunca existiu. É lóxico que alguen asubíe a un cámara. Nas manifestacións do PP chegouse a agresión física sin mediar provocación. Isa é a gran diferenza entre xente civilizada que acudíu a Santiago da que se da nas manifestacións do PP-Fuerza Nueva-Opus Dei-G. Bilingüe. Tanto a TVG coma o CPXG deberían rectificar e falar do que realmente sucedeu, porque o da provocación, da que hai moitos testemuños, foi certa.
Said
O que pasou o domingo coa TVG, non có xornalista, é unha mentira máis da extrema deeita do PP, unha anécdota da cal fan unha batalla.As imaxes en cuestión sairon na propia TVG no programa ¿Foro Aberto?, e só se escoitaban alusións á TVG.Carlos Luis Rodriguez que destacou pola súa dependencia do PP, e por riba quedou mal polos ataques, máis que preguntas a Carlos Callón, e máis outro xornalista nin siquera comentaron o do Anónimo Anterior e por algo sería.Vamos, que o PP está molesto e busca onde non hai.
FENDETESTAS
Said
A través desta comunicación quixera informar a Voz de Vilalba de que existe unha foto na que se ve ao cámara da TVG ensinando o dedo na posición que acertadamente indica o primeiro dos colaboradores. A foto esta no blog de Carlos Callón. Imaxino que non tería problema en cedela e así poderíana ver moitos lectores que, se cadra, teñen unha información sesgada dos feitos.
Xan do Muíño
Said
Podo dicir de primeira man, porque estaba xusto ao pé do escenario, que o que pasou foi que o xornalista ía conectar en directo, coa Quintana de fondo, cando aínda estaba entrando a cabeza da manifa e, por tanto, a praza non estaba nin moito menos chea. Iso é unha manipulación descarada por parte da TVG. Por que o ínclito Colexio de Xornalistas non sae en defensa da ética profesional? Estómagos agradecidos?