
Os abaixo asinantes, autores de obras escritas todas elas en lingua galega que foron merecedoras do premio nacional de literatura nas súas distintas modalidades (narrativa, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, tradución e ensaio), consideramos que isto, coma as outras moitas distincións e consideracións que as obras da nosa cultura veñen tendo en toda España e fóra das fronteiras do Estado, negan a insultante e despectiva cualificación do señor Conselleiro.
Estamos verdadeiramente asombrados e fartos de que o conselleiro de cultura do goberno galego desprece sistematicamente a cultura galega, como un auténtico “bombeiro pirómano”.
Consecuentemente, para que desapareza esta pasmosa anomalía, pedimos a dimisión ou cese inmediato de don Roberto Varela como Conselleiro de Cultura do goberno de Galicia, dado que o seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa. El ha ser máis feliz lonxe de todos nós, “limitados”, “ensimesmados” e “acomplexados”, e todos nós recuperaremos unha situación que teña un mínimo de cordura.
Alfredo Conde, Paco Martín, Antón Santamarina, Xabier P. DoCampo, Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo, Suso de Toro, Rubén Ruibal, Agustín Fernández Paz, Xusto Beramendi.
Said
Como dicía o outro, "iremos de vitoria en vitoria ata a derrota final"...
Said
A derrota será de Feijóo, todo-los políticos teñen un tempo, bon ou malo,máis con data de caducidade.
Os escritores tamén teñen un tempo, o vital, pero as súas obras recoñecidas polo ben facer, quedan alongadas no tempo e máis se teñen premios como os que estamos a falar.
Hai derrotas e derrotas, un home non pode acabar coa cultura e idiosincrasia dun País.
FENDETESTAS