Redacción
Os escritores Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier P. DoCampo, Xusto Beramendi, Paco Martín, Antón Santamarina, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Rubén Ruibal farán pública nas próximas horas unha carta pedindo a dimisión do Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pola súa “falta de consideración” e o seu “escaso coñecemento” da cultura que se fai en Galicia, segundo informa Xornal de Galicia na súa edición de hoxe.
O escrito, do que os asinantes teñen en común ter sido galardoados cos Premios Nacionais de Literatura que concede o Ministerio de Cultura, nas súas distintas modalidades, esixe o cesamento inmediato ou a dimisión de Varela polo que interpretan como desprezo sistemático cara á cultura galega e os seus creadores, a raíz das declaracións que realizou o pasado luns nun encontro con empresarios, creadores, autoridades e medios de comunicación na Coruña, onde confesou que a cultura galega lle parece, ademais dun termo “espiñento”, unha cousa “ensimesmada e acomplexada”.
A xestión de Roberto Varela está a ser criticada incluso dende o seo do seu propio partido, a raíz do que se considera unha mala xestión do Xacobeo. Diversos medios de comunicación informaron que o propio conselleiro lle anunciou a Feijoo a súa dimisión o pasado venres coincidindo coa visita que ambolosdous fixeron á feira Fitur, en Madrid, se ben esta información foi desmentida pola presidencia da Xunta.

Said
Eu tamén, aínda que non sexa escritor. Vaia co cosmopailanismo de Roberto Varela!
VLADIMIRO
Said
É obvio que se pida a dimisión de quen menospreza a cultura galega. Este señor vai de divo pola vida e acaba por ser un pobre home do que ninguén quere saber nada.