Escola de narración oral da AELG

Redacción.-

A Escola de narración oral da AELG(Obradoiro de creación literaria), a cargo dos escritores Isidro Novo e Antonio Reigosa para persoas a partir de 15 anos terá lugar os martes, de 18:00 a 20:00 en trece sesións semanais de 2 horas con Prazas limitadas no Centro Social Municipal UXÍO NOVONEYRA, rúa Quiroga Ballesteros (Lugo).

Entre os contidos á iniciación á narración oral que se impartirán está: A comunicación oral; as Linguaxes non verbais; A lingua oral; os Xéneros orais; A cultura tradicional e a oralidade e As novas formas de cultura e a comunicación oral. Entre estas destacan: Oralidade e TIC; Repenteísmo, rap e outros xéneros de improvisación; Discurso oral; Memoria, historia e fonte oral; As historias de vida; Destreza oral; A literatura oral: Xéneros; A lectura en voz alta; As lecturas colectivas ou Palabras con memoria.

Celebrarase en trece sesións de 2 horas semanais, de 18:00 a 20:00, con prazas limitadas que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición. Comezará o 25 de setembro e continuará o 2, 9, 16, 23, 30 de outubro; 6, 13, 20, 27 de novembro e 4, 11, 18 de decembro

As inscricións poden facerse desde o 27 de xuño ao 15 de setembro no Rexistro Xeral no Edificio Admistrativo do Concello de Lugo (Ronda da Muralla, s/n).
Patrocina esta actividade a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

_____
Pode descargar aquí o modelo de solicitude.


Máis información: www.aelg.org

28 de xuño de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión