Redacción.-
Galiza co Galego asinou un convenio de colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega -ASPG- este martes, 6 de novembro, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, por medio do cal se compromete a difundir as actividades, publicacións e propostas da ASPG, que lle prestará asesoramento e formará parte da súa comisión pedagóxica.
As persoas asociadas de ambas asociacións serán beneficiarias, en todo ou en parte, das actividades que desenvolvan cada unha delas, e poderán realizar actividades conxuntas.
Galiza co Galego ten como obxectivo garantir de feito a educación co pulo dunha Rede de Ensino Popular en galego dirixida pola cidadanía, e o funcionamento da Cooperativa de Ensino Avoaescola, que posibilitará o ensino en galego, laico, pluralista, en valores, de calidade, inclusivo e democrático, en calquera lugar de Galiza.
0 comentários :
Danos a túa opinión