Inauguramos esta sección na que poderán lerse informacións sacadas da rede (blogs, webs, foros...), pero non necesariamente de xornais dixitais. Neste caso a informacion está tomada da web do ilustre colexio de Avogados de Ourense: http://www.icaourense.org/
Manifestación dos avogados contra as taxas xudiciais
Con
desprezo do principio constitucional de tutela xudicial efectiva, o
Goberno pretende aliviar a carga de traballo dos tribunais polo método
antidemocrático de restaurar as taxas, que foran abolidas en 1986.
O
acceso ao Xuiz vai resultar moi oneroso nalgúns casos (exemplo:
apelación, taxa = 800 €) e imposible, noutros (exemplo: recurso contra
unha multa de 100 €, taxa = 200)
Definitivamente,
a 2ª e ulteriores instancias son tratadas economicamente coma un puro
capricho do consumidor, ata ao punto de que, por primeira vez na
historia, imponse unha taxa para os recursos de suplicación en materia
laboral.
A
diferenza con gravames semellantes – depósitos – a taxa é un tributo
que non está suxeito a devolución no caso de progresar a acción
procesual, senón que ingresa definitivamente no erario público.
O
proxecto de lei mereceu a crítica do CGPJ, de tódalas asociacións de
xuíces, do Consejo de Estado e do Consejo General de la Abogacía
Española, ao cal non se lle deu o trámite de audiencia.
A
opinión pública debe reparar no feito de que a vítima deste abuso e a
cidadanía que - logo de ter sufragado o custo da Admón. de Xustiza cos
seus impostos - cando lle toque valerse dela, vai topar contra un
obstáculo económico que se lle opón intencionadamente, posto que o
Ministerio xa defende a súa iniciativa precisamente polo efecto
disuasorio que se lle vaticina. Non se formará a máis xuíces, senón que
se lle poñerán barreiras a aqueles cidadáns que non poidan aspirar á
xustiza gratuíta.
O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA
e os 7 Colexios de Galicia convocan concentracións de protesta no punto
máis emblemático para a Administración de Xustiza en cada Partido
xudicial, para levalas a cabo:
Venres, 9 de novembro
Ás 12 horas
EN DEFENSA DA CIDADANIA, NON AS TASAS XUDICIAIS.
Consello da Avogacía Galega
0 comentários :
Danos a túa opinión