Unha novela on-line de Pere Tobaruela


Redacción.-

Hoxe venres o escritor galego-catalán Pere Tobaruela comezou a publicar a súa nova novela, Sempre perden os mesmos, directamente na rede, nun blogue homónimo. Se as novelas por entregas foron un verdadeiro filón no século XIX, con Dickens, Dumas ou Galdós, entre outros, a iniciativa de Tobaruela abre o camiño na nosa lingua ao que pode ser unha nova forma de difusión novelística no século XXI. A intención do autor é a de publicar un capítulo cada venres durante doce semanas.

Tendo xa apostado noutras ocasións polos medios dixitais, coa publicación dalgunha das súas obras en formato de e-book, a súa nova novela xunta a diversos personaxes do máis variado, que misturan as súas lembranzas a través da narradora e protagonista, a xornalista Sara Martí.

Nacido en Barcelona en 1965, Pere Tobaruela é licenciado en Xeografía e Historia e ten publicado, tanto en galego, como en catalán ou en castelán, obras de ensaio, como El delta del Llobregat (2003), de entrevistas, como L'home i el territori (1999), ou de relatos, como Con ollos de neno (2007).

Podes seguir a novela en: sempreperdenosmesmos.blogspot.com

23 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión