Os seráns do TAC


Redacción.-

O TAC iniciou a súa andadura en Marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas facendo música. Quixo reivindicar dende un principio, por un lado a cercanía que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público, e por outro a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En Xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrumpidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegos escritas para diversas formación de ensemble. Xa en 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequeña mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. En Xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae có grupo Siniestro Total nun concerto conxunto donde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os SERÁNS do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

CONCERTO 5 “SERÁN CAGE” 16 de Decembro (luns)
Concerto para celebrar os 100 anos do necemento de John Cage
Director: Diego García Rodríguez
Presentador: Diego García/Nicasio Gradaille
Restaurante: Yayo Daporta (Cambados)
Descrición: este ano 2012 cúmprense 100 anos do necemento, o 5 de setembro de 1912, do compositor norteamericano John Cage, unha das figuras máis importantes e influintes na cultura do século XX e, posiblemente tamén, unha das figuras menos comprendidas. O TAC quere pechar este segundo ciclo de Seráns cun gran circo musical galego na cdc. O Musicircus consiste nun evento multidisciplinar de actuacións independentes de xeito simultáneo, presentado normalmente en espazos non habituais de concertos. Cage quixo plasmar en música as súas ideas sobre a anarquía. O Musicircus é unha obra anti-autoriataria, até tal medida que non escribiu partitura. Non está nada prescrito sobre que participantes poden tomar parte, nin sobre a duración, nin coordinación ni a dirección. Non hai un centro (evento) dominante. No Musicircus non hai xerarquías. É unha invitación sen directrices: músicos de calquera ámbito son invitados a ocupar un certo espazo durante un certo tempo. O público terá a oportunidade de situar a súa atención ben nun evento individual ou ben na globalidade (ou en calquera punto intermedio). O primeiroMusicircus foi organizado polo propio Cage en 1967 na Universidade de Illinois, nun espazo adicado á exposición de gando. Dende entonces converteuse foi utilizada en moitas ocasións para cel! ebrar concertos restrospectivos da súa música. O TAC quere abrir unha convocatoria a través de internet para invitar a todos os músicos interesados a participar e facer unha festa musical na Cidade da Cultura. Para máis información na web da Cidade da Cultura

13 de dec. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión