Redacción.-
No marco da actual sociedade da información, o que non está en Internet non existe. O .gal é o dominio que nos corresponde como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto.
Co obxecto de garantir a estabilidade e funcionamento do dominio .gal, o período comprendido entre o 1 de xuño e o 11 de xullo permitiu que un grupo reducido e significativo de dominios quedaran dispoñibles para a sociedade galega. O programa Pioneiros ofertou aos potenciais reservadores de dominios .gal a posibilidade de rexistrar e comezar a usar o dominio uns catro meses antes do período de rexistro xeral. Deste xeito poden dar a coñecer os seus produtos ou servizos, fomentando ao mesmo tempo un interese e unha expectación no público arredor do dominio .gal, e favorecéndose dunha publicidade adicional.
No seu permanente compromiso coa lingua e coa cultura galega, A Voz de Vilalba foi unha das noventa e tres organizacións merecedoras do dominio .gal dentro desta fase, tal e como se anunciou esta mañá en Compostela por parte dos máximos responsables da Asociación PuntoGal, nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego. Polo tanto, www.avozdevilalba.gal será unha realidade a partires do vindeiro 25 de xullo. O número de solicitudes presentadas ao programa Pioneiros foi de 134, superando ampliamente as prazas dispoñibeis; as candidaturas foron seleccionadas segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estiveran representados.
A comunidade galega no mundo, con máis de catro millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura teñen agora unha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. A asociación PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega coa finalidade de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal para o noso país.
Os ingresos producidos pola xestión do rexistro do dominio .gal dedicaranse ao mantemento do dominio e, no caso de que se produzan beneficios, serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías. A seguir publicamos a listaxe completa de enderezos, por orde alfabética:
· 25dexullo.gal
Xunta de Galicia
· academia.gal
Real Academia Galega
· adega.gal
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
· aetg.gal
Asociación Enxeñeiros Telecomunicación de Galicia
· agasol.gal
Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL)
· age.gal
Alternativa Galega de Esquerda
· amesa.gal
A Mesa pola Normalización Lingüística
· amigosdopatrimoniodecastroverde.gal
Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
· anova.gal
Anova - Irmandade Nacionalista
· ascatedrais.gal
Concello de Ribadeo
· atriga.gal
Axencia Tributaria de Galicia
· avelinodiaz.gal
Hadrián Fernández Eiros "Ardao Eiros"
· avogacia.gal
Consello da Avogacía de Galicia
· avozdevilalba.gal
A Voz de Vilalba
· axendadixital.gal
Xunta de Galicia
· bng.gal
Bloque Nacionalista Galego
· cabana.gal
Cabana Bergantiños
· cambre.gal
Cambre
· carballo.gal
Carballo
· castrelo.gal
Castrelo de Miño
· catedraldesantiago.gal
Catedral de Santiago
· ccoo.gal
CCOO de Galicia
· celta.gal
Real Club Celta de Vigo S.A.D.
· cesga.gal
Fundación Centro Supercomputación de Galicia
· cidadedacultura.gal
Cidade da Cultura de Galicia
· clustertic.gal
Cluster TIC de Galicia
· codigo.gal
Grupo Código Cero Comunicación
· compromiso.gal
Compromiso por Galicia
· concellodemanzaneda.gal
Manzaneda
· consellodacultura.gal
Consello da Cultura Galega
· cpeig.gal
Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia
· crea.gal
Asociación CREA directores y realizadores de Galicia
· crtvg.gal
Compañía de Radio-Televisión de Galicia
· csif.gal
Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia
· ctnl.gal
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
· cultur.gal
Jose Manuel Aldea Moscoso
· cultura.gal
Xunta de Galicia
· deputacionlugo.gal
Deputación provincial de Lugo
· dinahosting.gal
Dinahosting
· editorialgalaxia.gal
Editorial Galaxia, S.A.
· elcorreogallego.gal
Editorial Compostela, S.A.
· fegamp.gal
Federación Galega de Municipos e Provincias
· feijoo.gal
Partido Popular
· fundacioncastelao.gal
Fundación Castelao
· fundacionislacouto.gal
Fundación Isla Couto
· fundacionoteropedrayo.gal
Fundación Otero Pedrayo
· gadis.gal
Gadisa Retail S.L.U.
· galicia.gal
Xunta de Galicia
· galiciacalidade.gal
Galicia Calidade
· galiciaconfidencial.gal
Xurimaru Servizos de Comunicación
· galizacig.gal
Confederación Intersindical Galega - CIG
· goberno.gal
Xunta de Galicia
· isoc.gal
Internet Society
· lavozdegalicia.gal
La Voz de Galicia S.L.U.
· liceodenoia.gal
Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia
· lingua.gal
Xunta de Galicia
· mundo-r.gal
R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A
· museodopobo.gal
Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego
· ordes.gal
Ordes
· oval.gal
Cooperativa Santa María do Val S.C.G.
· parlamento.gal
Parlamento de Galicia
· pgl.gal
AssociaÇom Galega da Lingua (AGAL)
· ponteceso.gal
Ponteceso
· pontevedra.gal
Concello de Pontevedra
· portaldaspalabras.gal
Real Academia Galega e Fundación Barrié
· ppdegalicia.gal
Partido Popular
· praza.gal
Fundación Praza Pública
· presidente.gal
Xunta de Galicia
· prolingua.gal
Asociación Cultural Prolingua
· psdeg-psoe.gal
PSdeG
· R.gal
R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A
· radiofusion.gal
Emisoras Municipais Galegas
· radiogalega.gal
Compañía de Radio-Televisión de Galicia
· rcdeportivo.gal
Real Club Deportivo de La Coruña
· redondela.gal
Concello de Redondela
· reizentolo.gal
Rei Zentolo, S.L.
· ribadeo.gal
Ribadeo
· sermosgaliza.gal
Sermos Galiza, S.A.
· snccoo.gal
CCOO de Galicia
· socialistas.gal
PSdeG
· teleco.gal
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
· televisiondegalicia.gal
Compañía de Radio-Televisión de Galicia
· teo.gal
Teo
· turismo.gal
Xunta de Galicia
· udc.gal
Universidade da Coruña
· usc.gal
Universidade de Santiago de Compostela
· uvigo.gal
Universidade de Vigo
· valedordopobo.gal
Valedor do Pobo
· veciñosporlugo.gal
Veciños por Lugo
· vilardesantos.gal
Vilar de Santos
· xerais.gal
Edicións Xerais de Galicia
· xornalistas.gal
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
· xunta.gal
Xunta de Galicia
0 comentários :
Danos a túa opinión