Redacción. -
Baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”, o vindeiro venres, 21 de decembro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o V RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL. Organizado polo portal dixital Culturalia GZ e en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba, tentarase recadar a maior cantidade de fondos para a Campaña de Xoguetes, “Os seu dereitos en xogo”, que anualmente leva a cabo a mencionada Cruz Vermella.
As entradas están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura. O prezo das mesmas será de 5€, agás para os/as nenos/as até unha idade de 12 anos, cuxa entrada será de balde.
Acto presentado por Adolfina Mesa e Martiño Maseda.
E coa participación das segintes voces poéticas: Ana Mar Fraga Rábade, Anxo Boán Rodríguez, Asun Blanco, Beatríz Dourado, Branca Villar, Emilia Martínez Fuentes, Jesús Trashorras, José Carlos Ulloa García, Luz Airado Bello, María Xosé Lamas, Montse González Álvarezz, Paco Ledo, Pilar Maseda, Toño Nuñez e Xosé Otero Canto.
Acompañamento musical ao piano de Néstor González Lamas.
Tamén se solicitou aos poetas que van recitar a cesión dun libro propio ou doutra autoría como agasallo para as persoas que resulten gañadoras no sorteo final que se fará entre todas as entradas mercadas polos asistentes.
0 comentários :
Danos a túa opinión