Redacción.- María Carmen Vázquez Cereijo, de 47 anos, foi presuntamente asasinada polo seu exmarido, Manuel Vázquez Vázquez, nado no ano 1969, no
número 14 da rúa Cidade de Lugo, no centro urbán de Vilalba. O home, que residía na parroquia vilalbesa de Nete, permañecía desaparecido dende onte pola mañá,
cando supostamente se foi ao traballo, a unha queixería de Abadín, á que nunca
chegou. Foi un irmán o que interpuxo a correspondente denuncia pola súa
desaparición onte pola noite.
Os dous cadáveres
apareceron esta mañá no domicilio da muller, no centro urbano de Vilalba. Estiveran
casados pero agora mesmo estaban separados e el tiña unha orde de afastamento.
Segundo transcendeu nos primeiros momentos, ela presentaba unha coitelada no
pescozo e el foi achado aforcado no interior do devandito inmoble. O Concello de Vilalba
decretou tres días de loito oficial.
0 comentários :
Danos a túa opinión