Xerardo Quintiá Premio de Poesía

Redacción.-

O Concello de Vilalba vén de facer público o fallo do xurado do XLVI Certame Literario do que resultou gañador Xerardo Quintiá Pérez con "Obra inacabada de Dosinda Christensen".

Xerardo Quintiá nace en Friol, no ano 1970. Poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil. En 1984 trasládase a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside desde entón. Está casado, ten un fillo e traballa como axente comercial. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural "Táboa Redonda" de El Progreso (1988) e colaborou en revistas como Dorna ou Xistral. Da man da editorial Galaxia, ven a luz "Unha soa man e otros intres" (1999) e, no ano 2001, "Un rabaño de ovellas brancas". En Franka Editora publica "O libro dos aparecidos" (2002). No ano 2012 volve á narrativa para adultos e de novo en Galaxia publica "Hotel Cidade Sur", traducido ao castelán por Pulp Books. En maio do 2015 publica, en Galaxia, "O Viaxeiro Radical", traducida ao catalán por Editorial Gregal (2018). No eido da literatura infantil, na colección ARBORE da Editorial Galaxia, publica "A verdadeira historia do burro Feldespato" (2002) e, en 2007, na mesma colección edítase "Ke-Tumba Ke-Tamba", finalista do premio Raíña Lupa. Para primeiros lectores escribiu "Titiritesa", publicado por OQO Editora (2007) e traducido ás principais linguas europeas. Como poeta ten publicado "ailalalalelo de auga", Do4 Edicións (2001); "Poesía en Ruta", premio Fermín Bouza Brey, Espiral Maior 2007; "FORNELOS & FORNELOS, primeira fundación", premio Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior (2011). FORNELOS & FORNELOS, segunda fundación, premio Eusebio Lourenzo Baleiron, Sotelo Branco (2016); "FORNELOS & FORNELOS, terceira fundación", premio Lueiro Rey, Xerais (2019).

17 de ago. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión