Os percursos guiados polas estancias da Casa-Museo teñen por finalidade achegar a traxectoria vital e literaria de Manuel María. No seu interior, entre outras cousas, pódese ver a biblioteca de Manuel María que contén unha das mellores coleccións particulares do libro galego ou sobre Galiza desde a potsguerra, un fondo artístico con obras de destacados pintores galegos contemporáneos, documentación imprescindíbel para coñecer a historia de Galiza da última metade do século XX, mobiliario e obxectos persoais do escritor…
Sábado, ás 18 hrs, espectáculo de maxia con Martín Camiña
Será o mago Martín Camiña o primeiro en inaugurar a programación cultural da nova temporada no auditorio da Casa-Museo e farao o sábado, ás 18 hrs, co espectáculo “Feitizos e ilusións”. Dirixido para nenas e nenos, a partir de 6 anos, e as súas familias. As persoas interesadas nesta actividade teñen que facer reserva previa no correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.
Imaxe que acompaña a información: Foto de Arantxa Carricoba (Fundación Manuel María).
0 comentários :
Danos a túa opinión