A pandémia non confinou á poesía, e unha das probas foi o recital nas redes #enredeversos que promovido pola NPG Nova Poesia Guitirica, con máis de 60 poetas de agrupacións poéticas de base de diferentes lugares de Galiza, acadou máis de 30.000 visualizacións dos vídeos poéticos. Saíndo xa do confinamento, o pasado 19 de setembro a NPG voltou por cuarta vez a organizar co concello de San Sadurniño o Recital de Poesía en Feminino e o vindeiro día 4 de outubro, a poesía chairega visitará Ponteareas da man da NPG e do grupo poético musical Corredores de sombra nun acto de irmanamento coa agrupación poética do Condado Versos de Area nun acto organizado pola concellaría de cultura ponteareá. A poesía de base tece redes de colaboración coa organización de actos poéticos ou a criación dunha revista, npgGaZeta (www.npggazeta.gal) que será presentada no auditório de Ponteareas cos números físicoa CERO e UN desta publicación.
A NPG Nova Poesia Guitirica sigue a sumar recoñecemento máis aló das terras de orixe e a estender o legado de Díaz Castro polo país. Baruk e Rosana Domínguez (Corredores de sombra) con Pilar Maseda (Corredores e NPG), Branka Villar, Luz Airado, Moncho Bouzas, Clara Blanco e Antón de Guizán serán o 4 de outubro ás 7 da tarde quenes encherán de música e versos co colectivo Versos de Area o auditório municipal da capital do Tea. Son numerosas aa actividades desenvolvidas pola NPG nos cinco anos de existencia do grupo e que agora dan un salto cualitativo coa colaboración e relacións de outras agrupacións poéticas de base galegas e algunhas do reato do estado que darán novos froitos nun futuro con futuros intercambios culturais.
0 comentários :
Danos a túa opinión