Redacción. -
As agrupacións poéticas de base:
▪︎Nova Poesía Guitirica NPG (Terra Chá).
▪︎Versos de area (Ponteareas).
▪︎In nave cívitas/ Colectivo Urbano Lugrís (A Coruña).
▪︎Colectivo literario Moraima/A grafía da emoción (Ferrolterra).
▪︎Nómades do verso/Colectivo Antón Borrazás (A Coruña).
▪︎Irmandade poético-artística luso-galaica (Chantada-Lugo).
promoven un manifesto resultado das relacións de colaboración que veñen mantendo dende hai tempo e que se ten plasmado en actos literarios conxuntos en recitais, publicacións colectivas, participación nunha revista (www.npggazeta.gal), e mesmo na realización dun festival de poesía en rede (#Enredeversos) coa participación de máis de 70 poetas das diferentes agrupacións e con notable éxito.
Ao traballo de cada grupo no seu ámbito, únese agora unha vocación de crear redes de participación aberta dende a base tanto nos procesos creativos como na lectura propiciando canles que faciliten a interacción poética independentemente das idades, estilos, tendencias etc.
O documento é un paso máis nunha realidade que xa existe e que ten vontade de medrar e sumar nos ámbitos en que ten presenza e incorporar outros no futuro.
☆Así, as agrupacións poéticas de base, impulsan o MANIFESTO que se adxunta no seguinte enlace:
☆Video de lectura do manifesto realizado pola poeta vilalbesa da Nova Poesía Guitirica NPG, LUZ AIRADO BELLO.
0 comentários :
Danos a túa opinión